SOKRAM é unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas
e irreverentes do famoso colectivo hip hop. No 2015 editou o seu primeiro Lp en solitario titulado “Chuvia Ácida”, nunha coidada
edición especial de tirada limitada (Vinilo 12"+Cd+Fancine 16 pax+ Donwload LP).
15 cortes
cargados de Electrónica, Rock&Roll, Funk, Jazz, Hardcore.. Un disco ecléctico, fresco e reflexivo, irónico e divertido. Gravado e producido en Rapapoulo Estudios por MOU: beatmaker e productor de DKTC, que ademáis o acompaña nos seus
directos aos coros e nos mandos da variopinta maquinaria coa que compoñen o set xunto cun terceiro implicado: SANTINO, versátil guitarrista de
numerosos proxectos sonoros como Cona Yeyé, Lady Chatarra, Chicharo Psicótico ou DKTC…
Despois dunha extensa
xira de presentación por algúns dos mellores festivais e salas do panorama galego, neste 2016 foi premiado como mellor artista Hip Hop nos Premios Galegos da Música Martín Códax.
Estas tres feras fusiónanse nun combo cun directo enérxico e arrollador, no que as letras
brilantes e a versatilidade e potencia vocal de Sokram bailan á perfección cos ritmos e melodías secuenciadas e retorcidas pola alquimia das máquinas de Mou e cos camaleónicos sons das guitarras
de Santino. Un live diferente e dinámico no que o Hip Hop viaxa por paraxes nas que Rap e Electrónica se contorsionan con Rock&Roll, copulan con Funk e Blues e se colocan ata o éxtase co Hardcore e a Psicodelia.