FAMILIA CAAMAGNO ESTÁN DE VOLTA!
Os cinco infraseres de Sigüeiro volven máis bailongos e enerxéticos ca nunca co seu novo traballo discográfico: “HABÍA QUE INTENTALO”.
Neste novo LP os Caamagno despregan un compendio de melodías pop, ritmos frenéticos e retrousos coreables co único afán de facer bailar á mocidade máis dinámica do ESTADO.
Temos ante nós un novo álbum, formado por oito cancións e un bonus track, no que poderanse atopar auténticos himnos contemporáneos do POP ENERXÉTICO, coma Castromil, O peor non son os cartos ou Un día espectacular. Dialogando cos seus discos anteriores, continuístas no rock & roll de inspiración 60’s pero cun afán renovador: Tabernas e rotondas, Cocogualla e Proceso Soberanista. Xa, afastados do purismo máis cheirento, os Caamagno sorpréndennos con dous cortes: Guapos de primeira, inspirado nos ritmos de ultramar e Canción Moderna de Oriente probablemente o título máis descritivo da historia.
Este novo artefacto está gravado entre os días 2 e 7 de febreiro nos estudios Circo Perrotti de Xixón. Ao igual que os dous anteriores está producido, mesturado e masterizado por Jorge Explosión, agás o corte Canción Moderna de Occidente, que está producido, gravado e mesturado por Hevi no Laboratorio Soyuz e masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters (Berlín) en maio de 2018.
Este flamante novo álbum da Familia Caamagno está orgullosamente editado pola cántabra e ovetense disqueira Folc Records e o estupendo deseño corre a cargo de Leo Sousa.
Familia Caamagno, a banda galega que máis motoserras acendeu, a que máis gasta en roupa, a que tivo o ácido úrico perigosamente alto aos dez anos...VOLVE! porque...
"HABIA QUE INTENTALO